Día das Letras Galegas

Hoxe 17 de maio é o Día das Letras Galegas, festa que se celebra dende 1963 coa primeira figura homenaxeada, Rosalía de Castro.

Neste ano 2008 a figura homenaxeada é Xosé María Álvarez Blázquez, pódese repasar a vida e obra de quen foi non só escritor, tamén editor, cronista, articulista, investigador e arqueólogo.

O seu fillo Celso Álvarez Cáccamo mantén viva a memoria do seu pai a través dunha páxina web, onde se pode destacar a súa galería fotográfica como unha especie de biografía visual.

[Wikipedia-ES | Día de las Letras Gallegas]

3 comentarios en “Día das Letras Galegas

  1. Hay que promocionar o galego, pero non un día, todo o ano.

    Mellor que un día das letras galegas festivo, manter o festivo pero facer a semana da cultura galega nas escolas de Galiza.

    Un saudo a todos y bicos galegos a astra.

  2. Eu estiven celebrando o Día das Letras Galegas nunha festa que o Concello de Vigo organizou no Parque Municipal Quiñones de León. Atopei a festa por pura casualidade, pero así e todo aproveitamos algunha actividade que había para os nenos, que o pasaron en grande.

    Eu, Galego, como dí o lema… Je!Je»

    Saudos 😉

  3. pois si, un día para lembrar que o galego é de todos… para reivindicar que non se use como arma política! bicos galegos!

Los comentarios están cerrados.

Galicia, 17 de Maio

2007 – María Mariño
2006 – Manuel Lugrís Freire
2005 – Lorenzo Varela
2004 – Xaquín Lorenzo Fernández
2003 – Avilés de Taramancos (Antón Avilés Vinagre)
2002 – Frei Martín Sarmiento
2001 – Eladio Rodríguez
2000 – Manuel Murguía
1999 – Roberto Blanco Torres
1998 – Poetas Medievais da ría de Vigo
(Martín Códax, Mendinho e Johan de Cangas)
1997 – Ánxel Fole
1996 – Xesús Ferro Couselo
1995 – Rafael Dieste
1994 – Luís Seoane
1993 – Eduardo Blanco Amor
1992 – Fermín Bouza Brey
1991 – Álvaro Cunqueiro Mora
1990 – Luís Pimentel
1989 – Celso Emilio Ferreiro
1988 – Ramón Otero Pedrayo
1987 – Francisca Herrera Garrido
1986 – Aquilino Iglesia Alvariño
1985 – Antón Losada Diéguez
1984 – Armando Cotarelo Valledor
1983 – Manuel Leiras Pulpeiro
1982 – Luís Amado Carballo
1981 – Vicente Martínez Risco
1980 – Alfonso X o Sabio
1979 – Manuel Antonio
1978 – Antonio López Ferreiro
1977 – Antón Villar Ponte
1976 – Ramón Cabanillas Enríquez
1975 – Xoán Manuel Pintos Villar
1974 – Xoán Vicente Viqueira
1973 – Manuel Lago González
1972 – Valentín Lamas Carvajal
1971 – Gonzalo López Abente
1970 – Marcial Valladares Núñez
1969 – Antonio Noriega Varela
1968 – Florentino López Cuevillas
1967 – Manuel Curros Enríquez
1966 – Francisco Añón
1965 – Eduardo Pondal
1964 – Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
1963 – Rosalía de Castro

[Web | Real Academia Galega]